lunes, 1 de marzo de 2010

Hei, qué tal? cómo andades? Acabouse o mes de Febreiro, o máis intenso do noso calendario, que sin vivir!!!

Estamos cansos, pero sen ganas de que isto se acabe, queremos máis!!!! je, je...

Bueno, en Arequipa botamos uns días, fixemos unhas visitiñas, akí estamos no monasterio de Santa Catalina, onde dín que as monxas facían algunhas festiñas, pero non está "documentao", je, je... a saber.



Pero o máis bonito da zona é o viaxe ó cañón do Colca, case o máis profundo do mundo (Neida vos pode contar máis). Un sitio espectacular, onde fixemos unha camiñata de 7 horas ata o esperado "oasis", bufff...

Non eramos os únicos, por suposto...

Ó lonxe pódese ver parte do sendeiro...


Akí, Cris vos está mandando un saudiño... Bueno ó mellor o saúdo era para David, je, je. Isto era a recompensa final, no medio do cañón, espectacular...

A postal dende as alturas, impresionante... as casas que se miran ó fondo forman parte da camiñata, e na parte inferior esquerda pódese ver o "oasis" famoso... Podédevos imaxinar a subidiña de volta, mi maaaa!!!



De volta en Arequipa tivemos que botar un día de descanso, despois tiramos para Puno, para ir o lago Titicaca, as vistas da viaxe moi fermosas...

Cris atopou a súa bebida favorita...

En Puno demos unha volta polos arredores. Visitamos unhas tumbas antigas dos incas, chamadas "chulpas". Tanta pedra para enterrar un tipo...

Cris quixo facer un pago a la pachamama...


En fin, moi bonito todo. Cerca de aí hai algún pobo peculiar. Akí está David nun "campo de nabos", me parece que non hai muito que facer tío...

Bueno, Cris non pensa o mesmo... je,je


Despois de aproveitar os arredores de Puno, tiramos para o Lago. Primeiro fomos a ver as islas flotantes de Uros, feitas de xunco... akí chámanlle "totora"



E demos unha voltiña en barcas feitas do mesmo material...



Tamén vimos Taquile e Amantaní, onde pasamos a noite.


E saímos de marcha, vestidos como a xente de akí, festa rachada!!! (bueno, é un dicir, je,je)



Ai que mona estás, chica...



Xa en Bolivia, a illa máis bonita do lago, "La isla del sol", onde dín que naceron os incas... Fixemos unha camiñata todo ó largo, e atopamos algún amigo especial... ¿todo bien?¿todo rebien? esto es hermoso...¿dónde está la salida?...(ahora multiplica esto por 1000 y tienes la conversación que tuvimos durante 3 horas con Pedro, buf, pero bueno, era bo rapaz...un saúdo)



Ó final chegamos a unha praia solitaria, onde nos demos un baño no lago!!! ai que fría estaba a auga redios!!!


E despois nos relaxamos un pouco, que ben o merecíamos...


Botamos unha noite na illa, despois desta calurosa xornada choveu un montón e ó día seguinte marchamos pa Cuzco. O Machupicchu está imposible, din que ata maio (Perú Rail, que cabróns, mentres non se poida ir en tren non deixan abrir rutas alternativas, para que non se lles acabe o chupe). Cusco, como din akí, a cidade máis bonita que vimos ata agora, tamén nos trouxo de cabeza co boleto turístico, pero ó final conseguimos completalo. 16 sitios (entre museos, ruinas e monumentos) en 5 días!!!
É impresionante os monumentos que deixaron os incas, así como as famosas "terrazas" para o cultivo.

Akí os incas fixeron auténticas obras mestras coa pedra, para exemplo esta con 12 ángulos...


Fomos ó famoso "Valle Sagrado de los incas", onde admiramos a impresionante Pisaq, casi un Machupicchu...

A case 4000 mts de altitude... que ganas de levar tanta pedra alá arriba!!!

A impresionante Ollantaytambo, co templo do sol cunhas pedras enoooormes...


As terrazas de Morais, centro de experimentación agrícola, onde cultivaban diversas clases de papas e maiz según a altura da terraza... a ver encontrades a Wally?



Isto non o fixeron os incas, son unhas salinas para extraer a sal das rocas, todo natural



Unhas ruinas preincas, tamén no val sacro

Na cumbre de Cusco, o centro ceremonial de Saqsayhuaman, onde hai pedras de ata 300 toneladas!!!! Éstas non son, pero están tan ben encaixadas que tamén impresionan.



En fin, que quedamos bastante reventados de andar de akí para alá de ruina en ruina. Entón queríamos ir de volta cara o norte polo interior do Perú, pero resulta que o camiño estaba cortado!!! Qué facer? voltar por onde viñemos, 30 horas de bus pasando polos mesmos sitios outra vez? Noooonn...
Total, que collemos un avión a Lima e de aí tiramos hacia o interior. No aeroporto enterámonos de que houbera un accidente de avioneta nas líneas de Nazca, qué medo!!!
De Lima para Huánuco, e de aí seguimos sen parar dirección á selva!!!
Primeira parada: Tingo María. E qué podemos facer akí? Trankilos, podedes facer unha ruta polas cataratas, escalándoas e iso... o qué!!? Bueno vale, pois veña.
Total, que o día seguinte estábamos no medio da selva con Guillermo, o guía que nos levou, e akí temos a Cris...ji,ji
Akí estamos a metade de camiño...


Ó final o esforzo ten recompensa...

Unha das experiencias que máis nos gustou. E a que menos, foi o viaxe dende Tingo ata Tarapoto, onde estamos agora. 12 horas de coche polo medio da xungla, de todo che pode pasar. As 6 da mañá este era o panorama...

Pero bueno, o final chegamos ata akí. Xa nos queda pouco, e de momento vamos tentar disfrutar todo o que poidamos... moitos bicos e apertas dende o calor e os ventiladores, e os motocarros, e os mosquitos, e a diversión...

6 comentarios:

  1. Asi me ghusta empanada de actividades...
    Me cajo en diola, cando chejedes aqui non vades ter forsiña ninkunha pa traballares no festival... pero o bo que sejuro que vindes cunha boa morea de ideas sorprendentes...
    Un biko do Almendras.

    ResponderEliminar
  2. dende Madrí, dous bicos (un da señora) para Cris e moitas felicidades por ese ano (de) máis!!!!

    ResponderEliminar
  3. Cris e Davide. En especial cris, dijoche que o sabado 13 facemos a festa do noso cumple, do teu tamén non te esquezas. Asi que se chejas o 11 a Madrid xa sabes....cajando patatillas pa Salceda. Non hai opción xa que po seguinte finde a crisi probablemente non esté e si o deixamos mais pa diante estamos seguras que non o imos facer.
    Esperámosbos, juapetons.
    bicos de nai. Boa viagem.

    ResponderEliminar
  4. Mi madrinha!!! isto é un no parar!!!
    Ides cheghar nos ghuesos!!!
    Que maravilla mirarvos tan ben!!!
    Cheghou a postal!!! grhacinhas!!!que alegrhia me deu...na xungla esta..ata case me esquecera que andabades polo mundo adiante!!!
    Tenho moitas ghanas de vervos a todos!!!
    Hai que morriña me esta a entrar... a ver se escapo antes do 8 de maio!!!
    Moitos bikasos!!

    ResponderEliminar
  5. que pasa chavalaes!!!!!
    Felicidades Cris,
    Onte pasamos a escoba polo pasillo do piso, asi que agora xa podemos pasar ata as habitacións e durmir nos colchóns.
    Xa teño ganas de veros joder!!!!

    Unha aperta forte rapaces
    Aupa
    (Encantoume o monte de nabos!!!)

    ResponderEliminar
  6. Que tal rapaces?? Ains! Todo lo bueno se acaba, no? Pero no pasa na!! que os espera un fin de semana de aghárrate que hai curva!! Así que xa podedes descansar a vosas perniñas no avión que ao chegar hai de novo maratón!! Boa viaxe e vémono en 13,14... Beijocas!!

    ResponderEliminar